Este ano a liga chegou ata 60 participantes, aínda que polo camiño foron caendo algúns por mor das lesións. Como novidade este ano, houbo unha primeira divisón e dous grupos na segunda .
O torneo está sendo moi interesante , habendo moita competividade. Esta edición da liga de tenis de Barro, está chegando o seu remate e nesta semana estase celebrando a última xornada que rematará o dia 13 de marzo e dará paso a entrega de Trofeos e a cea de fin de tempada que se celebrará na Taberna O Burato Do Grilo, o sábado dia 15 de marzo a partir das dez da noite.
Antes da cear levarase a cabo o sorteo da II edición da Copa da Liga, que a xogarán os dez primeiros de cada grupo de segunda e os doce primeiros da primeira divisón.
Enlace da paxina do torneo: http://www.todotorneos.com/paginas/torneosmain.php?torneo=105941
*Recordo de cómo rematou o ano pasado. A organización quere recordar que os actuais campións da liga do ano pasado, foron Arturo Sangiao, no grupo A e Alberto Maquieira no grupo B, tamén recordar que na copa da liga impúxose Suso Beade.
Dende a organización agradecemos toda a máxima colaboración da Comunidade
Montes por deixar usar as suas instalacións e tamén ao Concello de Barro por facilitar o uso do pavillón Municipal de Curro.
Organizan:
A.C.D. TENIS BARRO
ASOC. CULT. TERRAS DE CURRO.
COMUNIDADE DE MONTES DE CURRO
COLABORAN:
CONCELLO DE BARRO.



