Ferida unha persoa nun accidente de tráfico en Barro

Unha persoa foi trasladada a un centro hospitalario debido a un accidente de tráfico rexistrado onte martes no termo municipal deBarro (Restaurante Portaliña).

O sinistro tivo lugar sobre as 11,25 horas na estrada de Pontevedraa Caldas de Reis, ao seu paso polo municipio de Barro, segundo os datos facilitados polo 112 a Europa Press.

O 061 desprazou ao lugar do accidente unha ambulancia asistencial que levou a unha persoa ferida ao Hospital Domínguez, segundo sinalaron fontes sanitarias.

ACCIDENTE

Deixar un comentario