De Barro a Caldas de Reis

diario pontevedra

As terras interiores do Ulla e do Umia, entre Santiago de Compostela e O Salnés, son un dos lugares de Galicia cun maior índice de pluviosidade. A auga doce manda na paisaxe dun dos enclaves naturais da bisbarra de Pontevedra que ten maior predicamento entre os paisanos, o parque natural da Barosa, no municipio de Barro. Torrentes, cataratas, pozas naturais e un conxunto de muíños recuperados mandan na paisaxe deste espazo, que se ben rivaliza en ocupación coa praia de Silgar en verán tamén acepta visitas nos estertores do invierno. Barro queda na ruta de Pontevedra a Caldas de Reis, a antiga Aquis Celenis dos romanos, parada obrigada no Camiño portugués a Compostela e orgullosa vila con dous balnearios, Dávila e Acuña, que funcionan dende o século XVIII.

TODA A REPORTAXE NA EDICIÓN ESCRITA DO DIARIO DE PONTEVEDRA. ESPECIAL CARNAVAIS

barosa

 

Deixar un comentario