A AC Barosa arrinca a segunda parte do proxecto “Barro en imaxes”

A AC Barosa dá comezo á segunda parte do proxecto “Barro en BAROSA 25 ANOSimaxes”, agora centrado en cada unha das seis parroquias. Conscientes de que co decorrer dos anos vaise perdendo a memoria dos nosos maiores, da súa forma de vida e da nosa identidade, a AC Barosa botou a andar fai uns anos o proxecto “Barro en imaxes”, co obxectivo de recuperar a nosa memoria gráfica, no convencemento de que a difusión das fotografías que se gardan nos caixóns, moitas veces esquecidas, son uns documentos inmellorábeis para o coñecimento da realidade que nos precede, e que a maioría de nós xa non chegamos a coñecer.
Este proxecto iniciouse coa recuperación do “Arquivo Reinaldo”, queavo tivo unha grande acollida por parte da veciñanza de Barro. O traballo feito na recuperación e difusión dese arquivo, servíu para que moitas persoas tomaran consciencia da importancia das fotografías que teñen nas súas casas e que nolas ofreceran para poder compartilas co resto dos veciños do noso concello, axudando así a mellorar o coñecimento da forma de vida das xeracións pasadas e o recordo de moitas persoas que xa non están con nós.
Por iso agora a AC Barosa vai pór en marcha a segunda parte deste proxecto que consitirá na recuperación da memoria gráfica de cada PARROQUIA (por separado) e para iso faremos unha recollida sistemática dos arquivos de todas aquelas familias que queiran colaborar no proxecto, concientes de que serán moitas, para poder ter unha visión máis completa do que foi a realidade de cada parroquia.
Engado un número de teléfono por se se quere ampliar información: 662160561 (Iván)
Recibe un saúdo solidario
Iván Bello Ferreiro
Presidente Asociación Cultural Barosa

Deixar un comentario