Aínda que a Santiago Pazos, natural de Barro, sempre lle gustou a cociña, coa pastelaría creativa empezou hai menos dun ano, cando fixo a súa primeira torta. Hoxe leva máis de 50, a maioría encargos dos seus amigos para as súas festas de aniversario, dende unha viseira de Ferrari a outra coa Estatua da Liberdade como protagonista. Aprendín de xeito autodidacta. Buscando información en Internet e botándolle ganas ao asunto», explica.
Santiago aposta por conxugar a repostaría tradicional e a creativa. «Son totalmente compatibles -asegura-. Eu para as tortas utilizo o biscoito de yogurt de toda a vida, logo énchoo e decóroo. A diferenza está no que entra pola vista». E o que entra para el é «unha arte» á que dedica moitas horas. Se se trata ou non dunha moda pasaxeira opina que, en calquera caso, hai que gozala. «Eu vin un neno que non se quería separar da torta -conta-. Se ti consegues crear ilusión cunha moda, benvida sexa».



