A feira dominical de Barro estreou onte nova etapa despois de que oConcello regularizase a súa situación tras varios anos sen percibir nada a cambio de permitir a instalación. A Xunta de Gobernoadxudicou a explotación do mercado á empresa Asociación Galega de Comerciantes, que ofreceu 7.000 euros por cada un dos dous anos que se adxudican e que finalmente resultou ser a única candidata. O alcalde destacou que o pagamento será trimestral e adiantado e que o proceso cumpre coa legalidade.

