«O ano que vén tal vez fagamos unha festa gastronómica»

diario-pontevedra

Primeiro fun veterano no Terras de Curro, que axudei a fundar. sanmartinDespois convocaron eleccións á directiva do Barro C.F. que eu diría que é o club emblema do municipio. Presentámonos un equipo composto de xogadores e afeccionados, que contou coa confianza dos socios.

Como vai o equipo esta temporada?

Podía ir mellor, pero os directivos estamos moi contentos, porque temos a un grupo de xogadores moi valentes, dos que aínda xogan en terra sen medo cando noutros sitios xa todo o mundo o fai en herba sintética. O entrenador, ademais, consigue que os xogadores dean o mellor de sí.

Como van as contas do clube? Que proxectos teñen?

Por sorte, a anterior directiva deixou todo saneado, e coas iniciativas deste ano, como o Torneo Interparroquial, temos fondos para a tempada, se todo sae ben. Plans de futuro? Pois dar un salto máis ambicioso cando por fin teñamos o campo de herba sintética e seguir a coordinarnos ben co Concello para que todo funcione. O interparroquial repetirase, porque foi un éxito, e tal vez fagamos o ano que vén algunha festa gastronómica.

Deixar un comentario