Landín garante que a feira de Barro terá continuidade a próxima semana

diario

Cando todo parecía a punto de solucionarse con respecto á feira de Barro, o futuro do mercado dominical volve ser unha incógnita landinpara os veciños e asiduos a esta cita.
Onte celebrouse na explanada da Crega a última sesión da prórroga do mercado, que fora concedida hai un trimestre, cando o Concello, froito dos non pagamentos da empresa concesionaria, denunciou o contrato e declarouna extinguida. Posteriormente, ante a presión dos colectivos de ambulantes, concedeuse unha prórroga provisional a unha empresa diferente, que, logo de pagamento, se asegurou a concesión ata o último día do mes de xaneiro.
Nese tempo, o Concello convocou o concurso público de adxudicación e, a intención do Goberno local era a de culminar a concesión a tempo para que a última xornada da prórroga puidese encadearse coa primeira da empresa concesionaria.
O plan parecía perfecto ata o venres, cando se abriron as plicas das dúas empresas presentadas ao concurso. Os membros da mesa e o secretario do Concello tiveron que declaralo nulo. As dúas empresas que concorreron, fixérono coa documentación incompleta. A oposición, visto o resultado, sospeita que era unha única empresa con dúas pantallas fiscais.
Para colmo, ao abrir o segundo sobre, acháronse no interior, documentos pertencentes a unha e outra candidaturas mesturados restando sentido ao carácter oficial e equitativo da convocatoria pública. Algúns membros da oposición cualificaron a situación de «esperpento».
Ao quedar invalidado temporalmente o procedemento, parece complicado de cumprir é o obxectivo de ter a feira en marcha a semana próxima, pero o alcalde, José Antonio Landín non se rende e onte mesmo declarou que «a feira non parará nin unha soa semana. A prórroga era ata ou día 31 e esperamos poder reunirnos o xoves e resolver o concurso».
O rexedor restou importancia e cre que os fallos de forma detectados no concurso «foron un simple documento perderse» e lle resta importancia problema detectado na apertura de sobres que cualificou como «un simple documento perderse» e deu a entender que as dúas empresas recibiron un prazo para emendar os erros e formalizar as súas propostas axustándoas ás condicións do concurso. Landín sostén que «o xoves poderemos saber se se adxudica ou non ou concurso. A nosa idea é que se adxudique e non haxa que parar nin un só fin de semana ou mercadillo».

O rexedor ratificouse nas súas palabras do mes de decembro, cando afirmou que, se non había ofertantes, o evento sería de xestión municipal. «É certo que o faremos se queda deserto o concurso, pero non é o caso. Hai candidatos e o que temos que pensar é que é caro e complicado organizalo pola nosa conta, así que, en principio, seguiremos tratando de adxudicala. Sexa como sexa os veciños poden ter claro que sairá adiante», relatou.

Deixar un comentario