Unha persoa resultou ferida na madrugada do domingo mentres circulaba pola estrada de Valiñas, en Barro. O sinistro produciuse ás 00.06 minutos da madrugada, cando o condutor dun Renault Clíoprateado perdeu o control do vehículo e se saíu da vía. Ao parecer, froito da violenta freada, o mozo, natural do municipio de Moraña, tería saído despedido contra a lúa dianteira.
Testemuñas do sinistro avisaron o 112. O 061 que transportou ao ferido a un hospital. Aínda que en principio parecía que as lesións podían ser graves, finalmente, o mozo queixábase só de dores na clavícula.
Ás 22.32 horas de onte produciuse outro accidente con feridos en Barro. A esa hora o 112 tivo coñecemento dun sinistro en Curro, no que un coche envorcou sobre a calzada.

