Moción sobre a xestión do mercadillo municipal

socialistas de barroDe acordo co previsto no Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais, o Grupo Municipal Socialista do Concello de BARRO desexa someter á consideración do Pleno a seguinte MOCIÓN:

O grupo socialista  presentamos esta  Moción sobre a xestión do  mercadillo municipal que se celebra todos os domigos do ano.

 Poñéndonos en antecedentes, vemos como dende o ano 2007 neste concello lévase realizando un mercadillo todos os domingos do ano, aínda que en principio se ia  realizar tamén os venres , ao final quedou só na xornada dominical. A xestión deste mercadillo levouna unha empresa que excepto o primeiro ano que era gratuito, non lle pagou ningunha anualidade ao Concello e mesmo non presentou ningún dos requerimentos que lle solicitaron, como seguro de responsabilidade civil e a relación de postos que asentan en dito recinto. Tamén xerou moitas críticas e molestias aos veciños das ruas aledañas ao lugar onde se realiza o mercadillo, que pouco a pouco fóron subsanándose

 Despois de ter varios requerimentos a través do ORAL, foi imposible chegar a poder cobrar un só euro da débeda contraída.  Este concello quédase co consolo de incautar a fianza que non vai mais alá dos  trescentos euros.

 Ademais a todo esto hai que sumarlle a inmoralidade de traer a Barro un colectivo que viñan doutros concellos , coma o de Pontevedra, onde  non lles permitiron a suas formas de facer as cousas.

 O Sr. Alcalde para o noso grupo ten o mérito e demérito do que pasa con este mercadillo, sendo conscientes que  para Barro non foi moi acertado, vistos os resultados económicos traer a esta empresa para  xestionar, sí foi un claro empuxe de recoñecemento para o noso pobo, onde xunto co Parque Natural de Barosa, son duas das  cousas mais representativas e polas que tamén é de xustiza reconocerllo , sen olvidar tamén que para  algúns negocios o consideran importante para a suas ventas.

Nós dende a agrupación Socialista en Barro , non nós opoñemos a este mercadillo e queremos que conste así nesta Moción, pero debemos ser claros e velar polos intereses de todos os veciños de Barro, que para eso nos deron a sua confianza nas urnas  para representalos aínda que sexa  dende a oposición.

 A data de vintecatro de xaneiro de 2014 ,  as plicas do concurso público para a xestión do mercadillo quedaron anuladas as ofertas porque foron mal presentadas por defecto de forma, non meteron as ofertas nos sobres correspondentes e incluso nun sobre traían documentación da outra  empresa  que facía  oferta. Todo era moi parecido e  polo que consideramos  esto como unha verdadeira chapuza.  Por todo esto e debido a que o concurso quedou anulado.

 Solicitamos:

 1º   Que o Concello  faga todo o posible por manter o mercadillo que se realiza os domingos en Barro e mesmo o mellore.

 2º Que a organización e xestión corra a cargo do Concello de Barro e que sexa éste o garante de que se faga cumplir a normativa  municipal recentemente aprobada polo pleno desta corporación.

 3º Solicitar a colaboración doutras administración públicas e medios necesarios , como pode ser a colaboración da Garda Civil no control do tráfico os dias de feira ou tamén calquera altercado que se poidera producir o non dispor de Policia Local.

 4º Debido o interés e repercusión de dito evento, destinar medios humanos tanto para a limpeza como para o control  e asentamento da actividade.

 5º Fomentar a través de campañas de información para os usuarios e vendedores ambulantes a necesidade de contribuir a manter unha boa limpeza do lugar do evento, respetando así tamén o medio ambiente e co considerable aforro na limpeza.

 Jose Sanmartín Soto

Portavoz Municipal PSdG-PSOE

 

Deixar un comentario