Listas definitivas de admitidos/as e lista de agarda das escolas do Consorcio resultantes do baremo extraordinario de decembro para o curso 2013-2014

A Xerencia do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar anuncia a publicación das listas definitivas de admitidos/as e de lista de agarda nas escolas infantís xestionadas polo Consorcio resultantes do baremo extraordinario de decembro para o curso 2013-2014.

O prazo de formalización da matrícula establécese do 21 ao 28 de xaneiro, ambos os dous incluídos.
De non formalizar a matrícula no prazo estipulado, decaerá o dereito á praza.

A data de incorporación ás escolas dos nenos matriculados neste novo prazo será o 3 de febreiro.

NOTA: As listas publicadas son copia das orixinais que están depositadas nos arquivos do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar.

Documentación a presentar para formalizar a matrícula:

1. Modelo de aceptación e formalización de matrícula.

2. Certificado médico do neno ou da nena.

3. Fotocopia da tarxeta de Seguridade Social ou documento equivalente.

4. Seis fotografías tamaño carné.

5. Impreso de domiciliación bancaria.

6. Impreso de horario.

Autorizacións:

1. Modelo de renuncia de matrícula.

2. Modelo autorización de recollida do neno.

3. Modelo autorización de saídas didácticas.

4. Modelo de autorización de repotaxes de fotos e vídeo.

5. Modelo de autorización para administrar medicamentos.

Fai clic para acceder a Lista_definitiva_Barro.pdf

escola infantil barro

Deixar un comentario