Pasei unhas horas rápidas de visita en Barro, no Salnés Alto, cos amigos da Adega
Moraima. Tamén cos estudantes do instituto de secundaria: 80 rapaces e rapazas en total para un gran edificio, clases de once alumnos. Cos nenos falei da memoria da ría de Arousa, cos adultos falamos moito do futuro do albariño, dos viños estandarizados, dos litros sen vender, de como se constrúen as marcas de viño e do perigo que parece estar detrás da precipitación de moitas adegas de Rías Baixas, nos últimos anos, por conquistar
mercados.
Xantamos na Casa de Porto, unha casa de comidas que entraría nesa categoría tan galaica de: “vouche levar a un sitio“. A señora Albina elabora deliciosa cociña tradicional. Ese día gañounos por goleada. Comezouse con empanada de lacón con grelos, seguiuse cunha magnífica cazola de polbo, ameixas e langostinos, pousouse o bandullo con callos e non tardou en saír a carne guisada. Unhas filloas de grosor de dedo foron o colofón dun xantar que sería a envexa de moitos curas…
Segue lendo o post no blog do autor, preme no enlace seguinte:
http://www.manuelgago.org/blog/index.php/2014/01/21/o-vino-do-salnes-alto/