CADA SEMÁN O REI MAGO LOUZÁN SAE A DAR REGALOS

Esto vai camiño de converterse nunha costume. Cada semán o rei 11-10-campo-fútbol-Barro_listadomago Louzán concede a construcción  de un novo campo de fútbol de herba sintética. Cartos hai poucos pero gástanse en campos de fútbol, Vuelta e outras cousas menos urxentes. Esta semán tócalle a Barro.
 
A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra acordou a sinatura dun convenio de colaboración co Concello de Barro para dotar o campo de fútbol de céspede artificial de última xeración, cun orzamento de 494.354 €.
As obras consistirán na transformación do actual campo de fútbol de terra nun campo de herba sintética e na dotación de novas instalacións e equipamentos.
Para iso, a Deputación achegará máis de 466.000 €, dos que preto de 444.354 estarán destinados á execución das obras e case 22.000 á redacción do proxecto. Pola súa banda, o Concello de Barro destinará 50.000 €.
Trátase dunha iniciativa que ten por obxectivo corrixir as deficiencias do campo de fútbol e dotar o concello dunhas instalacións deportivas nas mellores condicións posibles.
ARTIGO PUBLICADO EN :

Deixar un comentario