Asamblea da Asociación de Emigrantes Retornados Ulla Umia

O vindeiro martes ás 20 horas terá lugar no auditorio de Caldas de Reis unha Asamblea da Asociación de Emigrantes Retornados Ulla Umia. Nela informaráselle aos socios (neste momento somos sobre 50 socios) tanto das actividades realizadas ata o de agora como as que se pretenden realizar. Ademais informarase da reunión mantida o pasado venres día 10 na Xunta de Galicia coa conselleira de Facenda e co Director da Axencia Tributaria de Galicia.cartel AERU asamblea

Deixar un comentario