O 27% dos fogares de Caldas-O Salnés xa sobreviven só coas prestacións

A perda de postos de emprego é unha clara evidencia en rúas que ven como pechan comercios e en polígonos industriais que tenden á desertización. Pero o tempo pasa e a crise económica parece que non ten fin, pero as prestacións si teñen unha data límite. Se recentemente UGT indicaba que só en Vilagarcía máis de 400 familias non ingresan xa nin un só euro ao mes, os últimos informes feitos públicos polo Instituto Galego de Estatística revelan que o 27% das familias da área de Caldas-O Salnés sobreviven só de prestacións.
Esta porcentaxe é de por si causa de preocupación, posto que os sindicatos alertan de que se tardarán décadas en recuperar a cantidade de postos
de traballo perdidos nos últimos anos. Pero se a situación é desesperada para
esas persoas que ven como pasa o tempo e chega o fin das súas prestacións sen encontrar traballo, non está mellor o 31% dos fogares que concentran neste recurso máis do 75% dos seus ingresos. Ademais, as prestacións son a metade do diñeiro que entra ao mes no 42% das unidades familiares das dúas
bisbarras.
Outro dos datos que mostra as circunstancias que están a atravesar
numerosas familias da zona e que recollen os informes do IGE é que o 59% dos fogares teñen algunha ou moita dificultade para chegar a final de mes. Non obstante, a este respecto hai que sinalar que se se comparan os rexistros correspondentes aos anos 2011 e 2012 se comproba unha pequena recuperación. E é que no primeiro destes exercicios a porcentaxe de unidades familiares que chegaba con moita dificultade se situaba no 23,6, mentres que un ano despois a cifra descendeu ata o 17%.

En todo caso, do informe do IGE tamén se desprende un incrento do índice de pobreza nos últimos cinco anos. O aumento foi do 7%, tendo en conta que no ano 2011 se situaba no 15,5%, mentres que en 2012 se elevou ao 22,8.
E é que os ingresos medios por fogar se reduciu nos últimos anos. Esta baixada foi de media duns 300 euros ao mes, unha cantidade considerable ao termo do ano. As consecuencias máis claras están nas dificultades para afrontar os pagamentos e chegar co fin de mes, pero tamén repercuten noutros sectores, como na hostalaría e no comercio. A contención de gasto nos fogares de Caldas- O Salnés leva a unha baixada de ingresos neste tipo de sectores.

feijo paro

feijoo2

Deixar un comentario