Trasladan a Montecelo a unha muller tras saírse da vía en Curro e bater contra unha árbore

Novas de Barro .Unha muller de mediana idade resultou ferida nun accidente de tráfico LOGO PONTEVEDRA VIVA BARROna estrada que une Pontevedra e Vilagarcía, a PO-531, ás 16:00 horas deste domingo 5 de xaneiro.

Trátase da condutora e única ocupante dun vehículo, un Renault Clio, que circulaba en dirección Vilagarcía cando,tras pisar o freo, perdeu o control saíndose da vía.

Segundo informa Protección Civil de Barro, o coche derrapou ata golpear contra unha árbore que se encontraba xunto á calzada, á altura da gasolineira de Curro.

No lugar compareceron efectivos da Gardia Civil de Tráfico, Protección Civil e 061, os que tras inmobilizar a muller ferida, a trasladaron ao Hospital Montecelo de Pontevedra cun forte golpe na cabeza.

http://pontevedraviva.com/xeral/9433/trasladan-montecelo-mujer-salida-via-curro-golpear-arbol/

accidente barro

Deixar un comentario