O novo incremento do 11% terá feito que a tarifa eléctrica leve xa acumulada unha subida do 21% desde o 2012 e do 83% desde o 2003. En xullo, ao anunciar a reforma enerxética, o ministro de Industria, José Manuel Soria, indicou que a luz subira un 63% entre o 2003 e o 2011, e outro 8% desde 2012. Desde ese momento, produciuse un incremento do 3,1% en outubro, ao que debe sumarse agora a previsible subida da luz do 11%. O ano 2013 sáldase con catro incrementos da tarifa eléctrica, incluídos os do 3% en xaneiro, do 1,2% en xullo e do 3,2% en agosto, e cunha única pero significativa baixada, do 6%, en abril.

