Un veciño de Barro detido por provocar un incendio forestal ao escapárselle unha queima

Axentes da Autonómica en Pontevedra procederon á detención dun homeLOGO PONTEVEDRA VIVA BARRO como presunto autor dun incendio forestal imprudente no concello de Barro o pasado día 12.

O lume produciuse polo escape dunha queima forestal na quenon se adoptaron as medidas de prevención necesarias e para a extinción do mesmo foi necesaria a intervención do  persoal de loita contra incendios da Xunta. Neste caso as lapas arrasaron 800 metros cadrados de superficie arborada.

As correspondentes dilixencias foron elevadas ao Xulgado de Primeira Instancia e Instrución en funcións de Garda de Pontevedra.

Con este veciño de Barro, xa son 121 as persoas detidas pola Policía Autonómica como presuntos autores de incendios forestais en Galicia.

policia galicia

Deixar un comentario