Lalín comparte con Barro-Meis o proxecto do viveiro de empresas, posto que é un convenio entre Deputación de Pontevedra e Fundación Incyde o que permite a construción de ambos os edificios, cun investimento conxunto de 1,5 millóns de euros. Se a iniciativa do Salnés parecía adiantarse no mes de setembro, coa convocatoria dun concurso de ideas para o edificio, ao final será Lalín o primeiro que dispoña de proxecto para o edificio. E é que a capital dezana eliminou este trámite, xa que pretende un edificio funcional, que podería ter unha estética similar á da contigua aula da Uned. Fuentes do organismo provincial manifestaban onte que o concurso de ideas de Barro-Meis aínda non se resolveu.

