Estimados veciños:
Todos coñecemos a situación actual e a grave crisis económica por la que atravesa o noso país.
Esta situación, (desgraciadamente), levou a moitos fogares a una situación límite, en moitos casos, a una situación precaria o límite da pobreza.
A Xunta Xestora, en colaboración con un grupo de voluntarios comuneiros veciños da nosa Parroquia, imos a proceder a realizar unha colecta de alimentos non perecedeiros ou tamén chamada operación Kg, pedimos a colaboración de todos, (dentro das posibilidades de cada un), para a constitución de un Banco de Alimentos para os mais necesitados, ante as festas do Nadal, para que ninguén da nosa parroquia teña que pasar estreiteces.
Os alimentos donados, serán depositados na Casa Multiusos e entregados de forma razonable e responsable ás familias ou persoas que soliciten axuda da nosa parroquia, deben recordar, que esto non é ninguna vergoña, e que calquer familia se pode atopar na mesma situación cando menos o pensa.
Pasadas as Festas do Nadal, en caso de quedar existencias de alimentos, estes serán donados ó comedor de San Francisco en Pontevedra, que está a facer diariamente cinco turnos de comidas.
Poñemos uns teléfonos a disposición para cualquier información complementaria ou solicitude de axuda que deseen realizar.
Un membro da Xunta Xestora, acompañado de un representante do grupo de voluntarios, podería desplazarse a buscar a domicilio ou establecementos, as aportacións dos veciños.
Tamén nos pareceu un bo lugar de recollida a igrexa, por tanto, previo permiso de D. Oscar, depositaránse unhas tinas na sacristía o vindeiro domingo día 15 para depositar alí os donativos.
Agradecendo de antemán a vosa inestimable colaboración para este solidario proxecto, un saúdo veciños.
CARMEN IGLESIAS NIETO
Presidenta da Xunta Xestora.
Móviles: 662 44 55 95 666 28 05 90
