Dous feridos na colisión entre dous turismos en Curro

Dúas persoas resultaron feridas e tiveron que ser trasladadas a un LOGO PONTEVEDRA VIVA BARROcentro médico a consecuencia dun accidente de tráfico rexistrado pouco despois das 14.00 horas deste xoves na variante de Marínaccidente curro

O accidente consistiu na colisión entre un turismo e unha furgoneta e resultaron feridos os ocupantes de ambos os dous vehículos, pero descoñécese a gravidade das lesións rexistradas.

Segundo informou o Centro de Atención Emerxencias de Galicia 112, un particular alertou do accidente as 14.09. Produciuse no punto quilométrico 10 da vía rápida Marín Bueu VG 4.4. en dirección a Ardán.

Pouco despois, ás 14.41 horas, o 112 ten constancia dun accidente en Barro que tamén deixou feridos. Consistiu nacolisión entre dous turismos no lugar de Curro, á altura da rotonda de acceso á autoestrada AP-9.

Ás 14.53 unha persoa resultou ferida leve e tivo que ser trasladada por unha ambulancia do 061 tras verse implicada nun accidente en Vilagarcía. Segundo o 112, trátase dunhacolisión entre un coche e unha moto no lugar de Vilar, na parroquia de Bamio.

http://pontevedraviva.com/xeral/8903/dos-heridos-colision-coche-furgoneta-variante-marin/

Deixar un comentario