O 17 de setembro pasado, Faro de vigo, S.A.U., daba por
finiquitado un conflito xudicial iniciado coa Deputación de Pontevedra en maio deste mesmo ano. Reclamaba a devolución íntegra dos 3.502.184 millóns de euros que invertira na compra de dúas parcelas no Polígono Industrial de Barro, propiedade do ente provincial.
finiquitado un conflito xudicial iniciado coa Deputación de Pontevedra en maio deste mesmo ano. Reclamaba a devolución íntegra dos 3.502.184 millóns de euros que invertira na compra de dúas parcelas no Polígono Industrial de Barro, propiedade do ente provincial.Sen embargo, a Deputación de Pontevedra desestimou o recurso
presentado polo xornal e reclamáballe o pago do 6% do precio de adxucicación desas parcelas. Finalmente, Faro de Vigo desistiu do seu empeño de continuar na vía xudicial.
presentado polo xornal e reclamáballe o pago do 6% do precio de adxucicación desas parcelas. Finalmente, Faro de Vigo desistiu do seu empeño de continuar na vía xudicial.Jaime Abella Fernández, en nome e representación de Faro de Vigo, S.A.U., presentaba o 17 de setembro un escrito no que solicitaba que “se le tenga expresamente por renunciado respecto a la reclamación previa a la vía judicial presentada el 4 de febrero de 2013, así como a los recursos que procedan contra su inadmisión, tenga por desistida a FARO DE VIGO S.A.U. de la adjudicación de las parcelas D-01 a D-10, ambas inclusive”.
Ademais, acordaba “en definitiva la resolución del contrato con devolución del importe pagado a cuenta del precio de las referidas parcelas, esto es tres millones quinientos dos mil ciento ochenta y cuatro euros con veinte céntimos (3.502.184,20€), previa deducción de doscientos diez mil ciento treinta y un euros con cinco céntimos (210.131,05€), en concepto del 6% equivalente a la garantía definitiva devuelta por el IPESPO, procediendo, en consecuencia, la devolución a FARO DE VIGO, S.A.U. de un total neto de tres millones doscientos noventa y dos mil cincuenta y tres euros con quince céntimos (3.292.053,15 €), sin ningún tipo de revisión al alza, tal y como estable la cláusula 10º del pliego de condiciones económico administrativas”.
Pago das 20 facturas
Por iso, e analizado o expediente, a Deputación de Pontevedra decidiu acordar a resolución do contrato e a devolución dos importes correspondentes ás 20 facturas, cobradas a este xornal, e a propiedade das dúas parcelas volveu a mans do ente provincial.
Sen embargo, e a diferencia do que pedía Faro de Vigo, a Deputación decidiu reterlle como garantía definitiva 420.262 euros. As razóns; “incumprimento do obxecto do contrato” xa que, como recolle, o expediente, no polígono existen outros adxudicatarios que realizaron o seu proceso construtivo e iniciaron a súa actividade. Polo tanto, se lle retivo o prezo de adxudicación, e non o do 6% do prezo abonado até a data. Os subscritores do GC Plus poden ler todo o expediente da “resolución do contrato e devolución dos importes correspondentes a 10 facturas da empresa Faro de Vigo, S.A.U.”.
Por que esas parcelas?
Pero, para que quería o Faro de Vigo esas dúas parcelas?. Segundo as fontes consultadas, foi cara o 2007 cando Editorial Prensa Ibérica—grupo de Francisco Javier Moll de Miguel e propietaria do Faro de Vigo— barallaba unha grande operación xornalística. Así, pensaba comprar un edificio céntrico de Vigo para instalar a redacción e levar as rotativas e os talleres a Barro.
Formaba parte dunha estratexia deste grupo, primeiro para ter a rotativa nun punto estratéxicamente mellor situado —máis ao norte, preto de Santiago e de todas as provincias galegas— para a distribución e tamén para gañar e/ou afianzar clientes para a rotativa, é dicir, a impresión doutros xornais. Precisamente, esa foi a estratexia de La Voz de Galicia, que tamén apostou moi forte pola súa nova rotativa nos últimos anos.
O negocio das rotativas
O diario herculino mercou a rotativa en boa medida gracias a unha importante subvención a fondo perdido da Xunta, concedida tras a primeira vitoria electoral de Feijóo. A subvención foi a máis importante na súa categoría concedida polo IGAPE.
O Instituto Galego de Promoción Económica pagou ao grupo do editor Santiago Rey 2,2 millóns para “ampliar as súas instalacións e incorporar nova maquinaria de impresión, elementos de transporte interno e equipamentos informáticos”. Esta cantidade significa máis do 9,9% dos 22 ,15 millóns que, segundo a Xunta, eran o investimento subvencionable.
Esta moderna planta de impresión, ubicada en Sabón (Arteixo), captou ás edicións que o diario madrileño ABC e o catalán Sport teñen en Galicia e que antes imprimían na que o Faro ten en Chapela. Unha situación que provocou perdas ao Grupo Moll que acabaron en despidos na sección de talleres en 2012.
MAIS INFORMACIÓN EN :