O vindeiro martes día 26, a partir das 11 da mañán, terá lugar na Alameda de Pontevedra unha nova concentración, organizada pola Asociación de Emigrantes Retornados Ulla Umia, e na que participarán diferentes asociacións e plataformas de emigrantes retornados de toda Galicia (o Morrazo, a Costa da Morte, Órdenes, o Condado – Ponteareas, etc.).
Con esta manifestación querese denunciar, unha vez máis, a persecución da Axencia Tributaria aos Emigrantes Retornados, un colectivo que se veu sorprendido polos requirimentos e multas debido a non declaración no seu día das pensions recibidas polo seu traballo no extranxeiro desde o ano 2008. Debemos ter en conta que a maior parte destas persoas son de idades avanzadas e que cando volveron a España consultaron coa Axencia Tributaria sobre as súas obrigas fiscais. En todo momento se lles manifestou, desde ese Organismo, que non estaban obrigados a declaralas por que estaban exentas. E agora parece ser que todo cambiou.
Para os/as emigrantes retornados/as o único que pretende o Estado Español e recaudar a conta de persoas traballadoras que tiveron que obligatoriamente marchar do seu país para poder gañar un salario do que poder vivir a súa familia. Non hai que esquecerse que durante anos estas persoas estiveron transferindo divisas a España, que axudaron a que mellorara considerablemente a situación económica na que se atopaba sumida España nese momento.
Non podemos entender que a nós se nos fagan pagar intereses e sancións por non declarar as nosas pensións e sen embargo a aqueles que levaron diñeiro para paraísos fiscais (conscientemente e co único afán de non pagar impostos en España) se lles premie coa amnistía fiscal.
Para que se transmitan as nosas reivindicacións temos solicitada, aínda non concedida, unha entrevista tanto co Subdelegado do Goberno, Antonio Coello Bufill, e co Presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán, para que insten ao Ministerio de Facenda a que paralicen todos os expedientes sancionadores que se están a tramitar na Axencia Tributaria e se devolvan os intereses e sancións xa pagados.
Celso Domínguez Búa
Presidente da Asociación de Emigrantes Retornados Ulla – Umia
