Rouban polo procedemento do buraco en dúas gasolineiras de Curro

 

A Garda Civil investiga os roubos con buraco que esta madrugada  sufriron as dúas gasolineiras situadas en Curro  (Barro) na PO-531. Polo BURACO CURROmomento, axentes da brigada científica levaron a cabo unha inspección ocular dos escenarios para intentar pescudar quen foron. Ao parecer os feitos ocorreron entre as 00.30 horas da madrugada e as 6.30 horas, tempo en que permanece pechada. Ao chegar á primeira hora da mañá, os propietarios se encintraron coa caixa desvalixada, entre outras subtraccións.

Sospéitase que se trata de ladróns profesionais, altamente especializados e que someteron o negocio a algún tipo de vixilancia ou seguimento.

Deixar un comentario