Na Asociación Cultural Barosa estamos a celebrar os nosos primeiros 25 anos. Foron moitas as actividades realizadas ao longo de todo este tempo, e moitas as persoas que nos axudaron a organizalas ou que participaron nelas.
Este sábado 23 ás 20:30h imos celebrar un sinxelo acto no noso local da Estación da Portela, para facer un repaso por todos estes anos de historia da asociación e tamén para iniciar unha nova etapa, que terá continuidade co xa feito até agora, mais tamén servirá para acometer novos proxectos de futuro.
Se queres acompañarnos neste día tan importante para nós, agardámoste.

