Barro xa posúe oficialmente os terreos da Cidade Deportiva

diario_pontevedra.750

O alcalde indicou que a operación está pechada. Pagouse con fondos dos que dispoñía o Concello. As 3,6 hectáreas custaron 81.042 euros

A operación de compra do chan que se ía a dedicar a construír a Cidadade landinDeportiva Explicouno onte o alcalde de Barro, José Antonio Landín, que, en xornadas anteriores non quixera desvelar detalles sobre a adquisición ao considerar que «estaba todo non aire e podía quedar en nada».

O regidor explicou que el mesmo se interesou pola póxaa do chan, que era de Nino Mirón e que este entregou na última fase da súa presidencia no Pontevedra para saldar a débeda do club coa Seguridade Social. «Coñecidas as condicións e sabendo que podiamos ter 3,6 hectáreas por 81.000 euros, tivemos que buscar fórmulas. Ao non dispoñer  dos poderes plenarios, o único que se puido facer foi que un particular concorrera á poxa e pagase el polos terreos para despois cederllos ao Concello. E así foi. O que se fixo agora foi asinar a cesión ou adquisición e faltan algúns papeis para escrituralo notarialmente, pero farase en breve», relatou.
Landín non quixo dar o nome da persoa que concorreu a púxaa, do que explicou que «e un amigo meu que podía pagar cun cheque esa cantidade. Non ten máis importancia. A poxa é pública e vese que nos cede o chan polo mesmo prezo polo que saíu a poxa», declarou.
Sobre as críticas da oposición ao proceso de compra e a falta de información, Landín defende que «sen ter pechado o procedemento non podía avanzarlles máis. Agora si podemos dicir que son 36.000 metros comprados a menos de tres euros o metro, e que se pagaron con fondos líquidos dous que dispoñía o Concello. Queda por ver a que se adicarán, pero non por falta de ideas, que as temos e claras, senon por pechar flecos importantes de financiamento e seguridade xurídica».
Respecto de esta finalidade, parece claro que a Cidade Deportiva do Pontevedra, como tal, non podera levarse a cabo, pero o alcalde conserva entre as suas prioridades o plan de construír un complexo deportivo municipal e aproveitar o proxecto, ou parte del. Como agora hai un convenio asinado para dotar con céspede artificial o campo de fútbol do Barro, a medida podería estar relacionada ou depender, entre outros asuntos, dese outro investimento da Deputación.
Parece claro que, unha vez comprado, o chan non terá limitacións para o uso urbanístico. «Está a menos de 500 metros do IES, que é outro equipamento, é de titularidade municipal, de modo que é urbanizable para dotacións, segundo a lei», aclarou. Outro desenvolvemento que non sexa de equipamientos, non se contempla. Outra prioridad do Goberno local sería construír un novo colexio. Solicitouse á Xunta, pero Educación esixe, ter o chan.

O alcalde rexeitou onte as críticas da oposición, á que acusou de «querer sempre afundir os proxectos, como fixeron daquela coa Cidade Deportiva» e recordou que desde que é alcalde o Concello pasou de non ter chan propio «a posuír máis de 30 hectáreas».

Deixar un comentario