Landín: «Non direi nada, que é unha operación sen pechar e prefiro agardar»

diario_pontevedra.750

Nin o custo do terreo, nin a empresa coa que se está negociando, nin oslandin eirin detalles da operación. O alcalde de Barro, José Antonio Landín, só aclarou onte que o tema si se debateu en Pleno, onde se lle facultó para realizar unha posible compra do citado chan en nome do Concello, e que «a oposición, por non variar, votou en contra, porque nós tratamos de traballar polo Concello, e eles de torpedear e de botar terra por enriba de calquera cousa que poida ser boa para os veciños».
O alcalde non quere polémicas, pero non considera que sexa o momento de arroxar máis luz sobre a operación de compra. A negociación, ou tramitación, podería estar aínda en marcha e Landín considera que ata a oposición debería «ter estado calada uns días máis». Pola súa banda, non falará «ata ou momento que sexa oportuno, se realmente sae adiante este asunto». O impedimento para pedir o anticipo á Deputación, en todo caso, non impediría a compra a curto prazo.
O alcalde parece convencido da decisión de comprar este chan, obxecto de polémica por ser adquirido polo ex máximo accionista do Pontevedra, Nino Mirón, fai máis de sete anos para iniciar a construción da cidade deportiva. As trabas da comunidade de montes local e as dificultades de recalificación lastraron aquel proxecto, antes de que a crise acabase de rematalo e os problemas do Pontevedra empezasen a facer máis urxente satisfacer outras débedas e necesidades.

 

Deixar un comentario