O Concello de Barro fíxose cos terreos embargados ao Pontevedra CF no monte de Rapadiño, en Perdecanai, por 81.000 euros, unha operación criticada pola oposición, xa que “aínda que é certo que se comprou a un prezo moi baixo, o Concello segue escondendo a finalidade desta compra”, apuntan desde o grupo municipal socialista.
“Por esta actitude votamos en contra desta operación no pasado pleno municipal”, explican. Ademais, “hai que ter en conta que este Concello aínda ten pendente pago de expropiaciones desde o ano 2007 e agora alegremente gástase así o diñeiro”, engaden.
Pola súa banda, o grupo municipal do BNG tamén se situou en contra desta adquisición. “Non é razoable cando a administración local malamente pode pagar as nóminas dos funcionarios, cando é incapaz de investir en mellóraa dos servizos públicos nin paga as débeda que ten”. Neste sentido, os nacionalistas tamén recordaron os 100.000 euros pendentes de pago e correspondente ás propiedades expropiadas aos veciños de Barro.
“O máis preocupante é que o goberno local recoñece que non sabe para que quere este terreo. A única explicación que ofrece é que lle parece barato e que xa se verá o que se pode facer”. No entanto, engaden, “tampouco sabe como se vai a pagar”.

