Rescatan unha condutora que se precipitou co seu vehículo doce metros ata un río de Barro

Os Bombeiros de Pontevedra rescataron este mércores a condutora dunha furgoneta de transporte que, LOGO PONTEVEDRA VIVA BARROtras perder o control do seu vehículo, se precipitou a un río no municipio de Barro.

Segundo os datos facilitados polo 112, o accidente tivo lugar ás 8.08 horas á altura do quilómetro 8,3 da estrada que une Pontevedra e Vilagarcía na parroquia de Curro, fronte á parrillada “El Abuelo Pintos”.

Os Bombeiros de Pontevedra, que desprazaron ao lugar unha dotación e dous vehículos, indicaron que o vehículo se precipitou por un terraplén duns doce metros ata o leito do río, polo que procederon a rescatar a muller ferida cunha padiola niño e cordas.

O 061, segundo sinalaron fontes sanitarias, mobilizou unha ambulancia asistencial e outra medicalizada, que foi a que levou á muller ferida, M.C.G., de 46 anos de idade, ao Hospital Domínguez.

http://pontevedraviva.com/xeral/8236/rescatan-condutora-precipitou-vehiculo-desde-doce-metros-rio-barro/

201311_DT_

201311_DT_

201311_DT_

Deixar un comentario