Efectivos de Protección Civil de Barro mantiveron onte un operativo de control dos efectos do temporal para paliar os danos que este ocasionou. Malia que foron poucas as chamadas, a última hora da tarde a súa intervención foi necesaria na estrada provincial de San Amaro. Unha árbore caera sobre a calzada e foi necesario intervir para retiralo. Tamén se desprazaron á Portela, neste caso na estrada N-550, que cortaba un carril. Interveu a Garda Civil de Tráfico.
