A Diputación de Pontevedra proxectou entre os municipios de Barro e Meis un dos polígonos máis grandes do norte da provincia, cunha superficie aproximada de medio millón de metros cadrados. O proxecto empezou a gestionarse nos dous concellos, pero entón a Xunta empezou a obra do macronudo de Curro e un primeiro tramo da autovía a Vilagarcía, e expropiou os terreos que o Concello de Meis tiña para o polígono.
Por iso este só desenvolveuse por agora en Barro. A Diputación estima que xa se venderon un 30 por cento das parcelas existentes neste momento, a un prezo que rolda os 150 euros o metro cadrado. Ademais, segue adiante con determinados programas, como o concurso de ideas para construír un vivero de empresas, no que poderán establecerse varios autónomos.
O que non se sabe é que fará o Concello de Meis agora que a Xunta devolveu parte dos terreos expropiados pola autovía. O regidor, José Luís Pérez dixo que retomarían o asunto, pois conta ao parecer con empresas esperando a instalarse.

