Os 7 concellos da comarca de Pontevedra de menos de 50.000 habitantes disporán de 75 operarios e unha achega de 313.641 euros.
Os concellos de Barro, Campo Lameiro, Cotobade, A Lama, Ponte Caldelas e Vilaboa disporán de 10 traballadores cada un, cunha achega de 41.818,80 euros por concello; mentres que o municipio de Poio terá dereito a 15 traballadores, cunha achega de 62.728,20 euros.
Segundo as solicitudes presentadas, os servizos que os concellos da comarca precisan cubrir de forma prioritaria e, polo tanto, para os que demandan estes traballadores son os de conservación de parques e xardíns, mantemento de sumidoiros, tarefas de varrido de espazos públicos, traballos forestais, mantemento de edificios públicos e pequenas obras de reparación.
