A Banda Filarmónica do Salnés comeza os seus ensaios en Barro

diario de arousa

A Banda Filarmónica do Salnés dá os seus primeiros pasos. O sábado realizou o seu primeiro ensaio, contando cun total de 65 músicos. Proceden de diversas zonas da provincia, pero os salinienses son maioría, entre 40 e 50. Estas primeiras sesións estanas realizando no local da Banda Xuvenil de Barro, que non só lles cede as súas instalacións senón tamén os instrumentos de percusión. ?Gozar e pasalo ben? é o principal obxectivo que perseguen, pero tamén facer boa música, e a recado que o conseguen xa que moitos dos integrantes desta nova formación son profesionais.
A creación da Banda Filarmónica do Salnés é un proxecto que se remonta a fai uns dous anos, cando se deron de alta no Plan Cultural da Diputación. Pero é agora cando chega o impulso definitivo.

http://www.diariodearousa.com/articulo/vilagarcia/banda-filarmonica-do-salnes-comienza-ensayos-barro/20131014010344043877.html

philarmonica /

Deixar un comentario