José Luís Morales, xogador do Real Madrid no primeiro lustro da década dos noventa do século pasado e tamén do Sporting de Xixón, Numancia, Logroñés e o xornalista Tomás Roncero serán os invitados estrelas dos actos de aniversario da peña madridista As Capelas, que o sábado celebrará unha comida no seu local social, situada en Agudelo.
Na comida asistirán os socios da peña e amigos, así como representantes doutros colectivos de seguidores do club branco.
Morales debutou coa camiseta do Real Madrid nun partido co Deportivo que acabou gañando o conxunto branco por 2-0 sendo o dianteiro autor do primeiro tanto da confrontación.
A peña As Capelas é unha das numerosas que ten o Real Madrid na comarca de Pontevedra, non en balde é un dos clubs que ten máis colectivos de seguidores na provincia.
