A Deputación de Pontevedra dotará de mobiliario de vestiario 43 campos de fútbol
de 29 concellos da provincia. Equiparanse con bancadas, estantes e colgadoiros segundo as necesidades de cada un dos campos tras as pertinentes comprobacións do estado actual de cada un deles.
Trátase dunha iniciativa que nace co obxectivo de corrixir todas as deficiencias e dotar todos os concellos dunhas instalacións deportivas nas mellores condicións posibles; por iso desde o organismo provincial se decidiu, aproveitando as instalacións de Príncipe Felipe, que conta cuns magníficos obradoiros de carpintería, poñer en marcha un taller para fabricar o mobiliario necesario e doárllelo posteriormente ós concellos que o demanden.
