BAROSA CUMPRE 25 ANOS

Alá polo ano 1987 un grupo de mozos e mozas de Barro con inquedanzas e arelas de divulgar a nosa cultura, a nosa historia, de coñecer a nosa xeografía, e ao mesmo tempo dinamizar a vida social do noso concello, decidiron crear a A.C.Barosa. Despois de madurar a idea, foi en Novembro do 1988 cando a A.C. foi legalizada e comezou a traballar de forma cotiá. Estamos a piques, polo tanto, de cumprir os primeiros 25 anos da formalización da Asociación.
Ao longo destes 25 anos foron moitas as persoas que traballaron na asociación, e foron tamén moitas as actividades organizadas, pero o máis importante é a incorporación de xente nova que vai facer que a Asociación Cultural Barosa siga cumprindo a súa función social polo menos outros 25 anos.

MAIS INFORMACIÓN:

PAXINA WEB: http://www.asociacionbarosa.org/

FACEBOOK: https://www.facebook.com/barosa.ac?fref=ts

NOVAS RELACIONADAS PUBLICADAS NESTE BLOG:http://noticiasbarro.com/category/asociacion-cultural-barosa/

BAROSA 25 ANOS

Deixar un comentario