42.525000
-8.647222
Compartir:
- Compartir en Facebook (Se abre en una ventana nueva) Facebook
- Share on X (Se abre en una ventana nueva) X
- Share on LinkedIn (Se abre en una ventana nueva) LinkedIn
- Compartir en Tumblr (Se abre en una ventana nueva) Tumblr
- Share on Pinterest (Se abre en una ventana nueva) Pinterest
- Share on Pocket (Se abre en una ventana nueva) Pocket
- Share on Reddit (Se abre en una ventana nueva) Reddit
- Email a link to a friend (Se abre en una ventana nueva) Correo-e
- Imprimir (Se abre en una ventana nueva) Imprimir


En canto ás propostas publicadas por diversas formacións políticas de Barro para a ubicación e xestión do mercadillo de Barro debemos manifestar o seguinte:
Horario.- Este mercadillo e o segundo intento que este Concello leva a cabo, o primeiro fíxose fai anos os domingos pola mañán e de forma gratuita para os comerciantes, resultando un fracaso. Un dos grandes motivos que o propiciaron foi a coincidencia co macro mercadillo de Padrón, referente dende fai anos en toda Galicia. Polo que ó facelo os domingos pola tarde os comerciantes que venden en Padrón aprobeitan a xornada e fano tamén en Barro, xunto con outros que veñen so a Barro.
Aparcadoiro.- Segundo as propostas o mercadillo deberíase trasladar a zona que está en terra diante do Pazo da Crega, proposta que ten diferentes problemas, un deles é que se eliminaría o aparcadoiro gratuito para ós visitantes e posibles compradores; outro é que ó montar o mercadillo nun zona en terra en pleno inverno o recinto convértese nunha autentica “lameira”, cousa que perxudica tanto a vendedores coma compradores, claro exemplo témolo na zona de padrón que se atopa asentada en terra.
Caseta do Pazo da Crega.- Propónse adicar a caseta á servicios hixiénicos para o mercadillo, co serio problema que nos atopamos xa que na actualidade este local estase a empregar para que os veciños/as que non dispoñen de lugares axeitados, xa sexa por espazo ou ubicación da súa vivenda, poidan empregalo para a celebración de cumpreanos e festas infantís.
Venda de excedentes agrícolas.- Os colleiteiros/as que teñan excedentes de productos de tempada, tales como hortalizas, verduras, etc e que non precisen licencia para vendelos, poderán pasar polo Concello onde se lles informará de cómo solicitar un lugar no mercadillo