Despois da negativa experiencia que supuxo a celebración do mercadillo dos
domingos ao longo destes anos é necesario corrixir o prego de condicións do novo concurso para evitar que se volvan a repetir os problemas que ocasionou a falta de control por parte do goberno municipal e a abandono á hora de forzar a empresa concesionaria a cumprir coas súas obrigas.
Dende o BNG facemos as seguintes propostas para incorporar ao prego de condicións:
• O cambio de situación do mercadillo para evitar todas as molestias que levan sufrindo os veciños e veciñas do entorno do mesmo ao longo destes anos.
• A prioridade absoluta para que os comerciantes e vendedores ambulantes de Barro que o desexen poidan instalar un posto no mercadillo nas mesmas condicións que os demais vendedores.
• Evitar que os anteriores xestores, tanto de forma directa como con empresas
interpostas, volvan a quedarse coa organización do mercadillo mentres non paguen as débedas que teñen co concello.
O ideal sería que o concello xestionara directamente o mercadillo, pero somos conscientes da incapacidade do goberno municipal para unha boa xestión do mesmo, por iso xa que se lle vai dar a concesión a unha empresa privada, polo menos o goberno municipal ten que garantir que no primeiro incumprimento das súas obrigas a citada concesión será retirada.
Barro, 26 de setembro de 2013
Asdo: Xosé Manuel Fernández Abraldes
