O Concello de Barro aprobou a adhesión ao convenio proposto pola Deputación
Provincial para integrarse no sistema de recolleita de lixos gestionado por esta entidade.
O PP apoiou a proposta en solitario, posto que BNG e PSOE atoparon que, malia que a posibilidade de participar nun sistema que economizaría gastos é favorable, a redacción do convenio non ofrece demasiadas garantías ao Concello, ao seu xuízo.
«Na primeira proposta que se analizase en Pleno establecíanse uns mínimos: ou que se lle ía cobrar ás casas ou aos negocios estaba sinalado de xeito aproximado, e os días mínimos de recollida non rural e non urbano tamén. Neste caso parecíanos ben, pero agora estamos a darlle un cheque en branco á Deputación, sen saber o resultado que iso terá», relatou no Pleno, fai uns días, o portavoz do BNG, Xosé Manuel Fernández Abraldes.
FESTIVOS LOCAIS. Na mesma sesión ratificouse a proposta para os festivos locais do ano que vén. O plan, que repite a estratexia de anos anteriores, deixa como festivos dous venres que permitirán “facer ponte” nos eventos máis relevantes do municipio. Así, serán festivos o venres 13 de xuño de 2014, que coincidirá coa celebración da Festa do Viño, e o venres 3 de outubro do mesmo ano, anterior á festividad de San Breixo. A oposición apoiou por unanimidad a proposta.
O Pleno concluíu cunha tanda de preguntas, entre as que o PSOE destacou o seu interese por coñecer o estado das negociacións para que se constrúa un novo colexio.
