II LIGA DE TENIS AMATEUR DE BARRO

A asociación cultural TERRAS DE CURRO, xunto coa ASOCIACIÓN CULTURAL DEPORTIVA TENIS BARRO, temos elaborada II edición da liga de Tenis de Barro,unha liga ben chula onde queremos que todos os participantes vos sintadas cómodos e poidamos disfrutar dunha verdadeira paixón como é este deporte. Xa o comentamos na Xuntanza do venres dia 20 de setembro na Cultural de Curro, onde dende as duas asociacións , queremos dar o noso agradecemento ao Concello de Barro por ceder as suas instalacións e tamén a máxima colaboración e complicidade por parte da COMUNIDADE DE MONTES DE CURRO, na persoa do seu presidente Miguel A. Maquieira e a sua directiva, a todos eles moitisimas grazas e xa non queda mais que empezar a xogar e ir collendo ritmo de competición.. Esperamos mellorar os erros do ano pasado e non cometer moitos novos este ano. un abrazo a todoS E FAIR PLAY, é decir xogo limpoo……..

http://www.todotorneos.com/paginas/torneosmain.php?torneo=105941

todotorneos

Deixar un comentario