Batería de reunións para os emigrantes retornados

diario_pontevedra.750

A Asociación de Emigrantes Retornados Ulla–Umia (AERU), «totalmente apolítica», organiza reunións informativas pola comarca para presentarse ante aos veciños e informarlles dos trámites que deben seguir ante as notificacións enviadas pola Axencia Tributaria a miles de cidadáns que estiveron emigrados e que están a cobrar pensións. O martes 24 haberá unha charla na Casa de Cultura de Moraña, o xoves 26 no Club Xuvenil de Pontecesures, o luns 30 no Auditorio da Azucreira de Portas, o mércores 2 de outubro no salón de actos da Biblioteca de Barro e o venres 4 na Biblioteca de Cuntis. Todas serán ás 20.30 horas. Haberá persoal técnico para asesorar aos afectados.

Deixar un comentario