Concello e ambulantes alcanzan un acordo para seguir celebrando a feira en Barro

A Asociación de Empresarios e Comerciantes de Galicia e o Concello de Barro alcanzou este xoves un acordo que permitiráLOGO PONTEVEDRA VIVA BARRO seguir celebrando a populosa feira de Barro os domingos pola tarde.

A secretaria da Plataforma Galega de Vendedores Ambulantes, María Maia, mostrou publicamente “a satisfacción ao cen por cen dos vendedores ambulantes que exercen o seu traballo na feira de Barro polo acordo alcanzado”.

“Tamén temos constancia de que veciños e comercios establecidos do municipio de Barro mostraron a súa satisfacción co acordo alcanzado”, engadiu esta voceira.

Os ambulantes mostráronse agradecidos por este acordo que “garante que 300 familias que viven directa ou indirectamente manteñan o seu posto de traballo”.

Estes mesmos voceiros desexan que este mercado “siga sendo un referente en Galicia en movemento económico e asistencia de público e dando unha gran vida social cada vez que se celebra a feira os domingos pola tarde” para o que ratifican a súa vontade de “cumprir coa legalidade esixida”.

http://pontevedraviva.com/xeral/7245/barro-ambulantes-acuerdo-feria-mercadillo/

FEIRA

Deixar un comentario