Os grupos da oposición votaron en contra do plan ao que se vai a adherir o Concello de Barro para recoller e tratar os residuos.
Só os votos do PP apoiaron a firma ao convenio coa Diputación mediante o que será un servizo mancomunado con outros municipios o que pase a facerse cargo destes labores. Tanto BNG como PSOE mostráronse en contra aludindo a que, a diferenza do que ocorría co documento inicial, o que se presentou finalmente non concreta frecuencias, servizos ou custos. “É un cheque en branco coa Diputación no que serán os veciños os únicos que asumirán o custo”, puntualiza o edil nacionalista Xosé Manuel Fernández Abraldes.
A oposición critica que non se detalle cal será o prezo que terá que se terá que abonar anualmente por cada vivenda, temendo que a taxa pase a ser moito maior que a actual. Ademais, o feito de que os concellos teñan de prazo ata 2016 para adaptar o imposto ás tarifas que elixa o organismo provincial leva a Fernández Abraldes a ver un certo “electoralismo”, vaticinando que sería tralas municipais de 2015 cando se coñecería o verdadeiro importe que se pagará en Barro pola recolleita dos lixos. Lamenta, ademais, que o convenio non inclúa a posibilidade de realizar compostaje.