Un grupo de 40 persoas maiores de diferentes localidades da provincia que participan en proxectos organizados por Cruz
Vermella puxo fin á época estival cun paseo polo parque natural da Barosa. Os asistentes gozaron alí dunha xornada de convivencia, amenizada por un total de once voluntarios, onde puideron recordar como se realizaba o pan antiguamente. Máis dun centenar de persoas de avanzada idade participaron nos proxectos do programa de axuda a domicilio complementaria, que comprende ademais talleres de ejercitación da memoria, paseos, actividades intergeneracionales de risoterapia, psicomotricidad, redes sociais e musicoterapia.

