Ambulantes din que irán a feira de Barro

Un grupo de ambulantes pertencentes á Plataforma Galega de Vendedores Ambulantes di que asistirá o domingo á feira landin1 de  Barro. «Ninguén nos comunicou que deixe de celebrarse». O portavoz deste colectivo, que di aglutinar ao 95% dos vendedores, Miguel Valverde, afirma que «os vendedores asistiremos porque somos uns inxustos damnificados. Nós pagamos e ninguén nos dixo porescrito que se suspende». Tamén culpa a outra asociación ( a de Ambulantes Autónomos) e ao seu presidente (Francisco Romeu) da suspensión e ameaza con denunciarlle. Ademais advirte: si a feira cambia de mans, haberá paus. «Os vendedores ambulantes que acoden á feira de Barro non permitirán a ningún ambulante, asociación, organización nin empresa volver á feira, estando dispostos a recibir paus ou a dalos para defender o noso traballo igual que os do Naval».LANZAN TORNILLOS Y PINTURA CONTRA AGENCIA EUROPEA DE CONTROL DE PESCA EN VIGO

Deixar un comentario