Sinaí Giménez: «A xente comprou pisos alí porque o coñeceu ao vir á feira»

diario_pontevedra.750
O presidente da Asociación do Pobo Xitano, Sinaí Giménez, ao que se vincula coa empresa concesionaria, aínda que o nega sersinai dono ou socio da mesma, recriminou onte ao alcalde a súa decisión de suspender a feira. «Nós somos traballadores, non pertencemos á empresa nin ao Concello, e mentres eles tíranse pedras uns a outros non temos por que quedarnos sen traballo», reivindicou o líder xitano. Giménez adiantou que o seu colcetivo pedirá permisos na Subdelegación do Goberno «para tomar medidas no caso de que isto que estou coñecendo a través da prensa sexa certo. O venres falarei co alcalde, cando poida estar en Pontevedra, pois me atopo fóra. No caso de que non haxa feira, haberá manifestacións», adiantou.
Con quen si puido falar o vicepresidente dunha asociación de vendedores ambulantes e responsable da Coordinadora Nacional dolandin 1 Emprego é con Manuel Belloso, o gerente da firma Rías Lachán, a mesma que figura como concesionaria do evento ferial desde 2006 e que non pagou nin un dos seis anos de cánon que debe ao Concello. Cada unha destas cotas ascendería a 12.000 euros, pero Giménez afirma que «Belloso comunicoume que as cotas non se pagaron porque por parte do Concello houbo tamén un incumplimiento das cláusulas da concesión, polo que a empresa, en canto recibiu a comunicación do Concello de que se anulaba o contrato, tamén presentou un contencioso administrativo».

Deixar un comentario