Polo menos dúas persoas resultaron feridas noutros tantos accidentes rexistrados
na xornada de onte nos municipios de Poio e Barro. No primeiro caso o sinistro ocorreu ás 12.00 horas na estrada PO-308 pouco logo da Barca, mentres que en Barro o accidente produciuse ás 16.30 horas na N-550 á entrada da Barosa. Sobre as 14.30 horas tamén se deu aviso dun sinistro circulatorio en Sanxenxo.
