Dous automóbiles colisionaron no cruzamento de Porráns nun accidente de tráfico ocorrido pasadas as cinco e cuarto da tarde de onte, no punto kilométrico 105 da N-550.
Segundo informou o Servizo de Emerxencias 112, o particular que deu a alerta avisou de que había unha muller inconsciente nun dos coches implicados. O 112 mobilizou ao 061, a Garda Civil de Tráfico e a Protección Civil de Barro, que non chegou a intervir.
