Unha persoa ferida nun aparatoso accidente na AP-9 en Barro

Unha persoa resultou ferida e tivo que ser trasladada ao Hospital Domínguez de Pontevedra tras verse implicada nun aparatoso pontevedraviva accidente regisrado na autoestrada AP-9 ao seu paso polo municipio de Barro.

A Axencia Galega de Emerxencias recibiu varias chamadas de particulares a partir das 12.52 horas deste mércores indicando que se producira un accidente entre un turismo e dous camións.

Segundo o 112, o sinistro produciuse á altura do punto quilométrico 122 en dirección Pontevedra-Santiago e trasladáronse ao Guardia-Civil-controltrafico lugar unha ambulancia do 061 e a Garda Civil de Tráfico.

Testemuñas presenciais indicaron que a consecuencia do aparatoso accidente a circulación retardouse na zona, pois os vehiculos invadiron parte dun carril. De todos os xeitos, non chegou a cortarse o tráfico en ningún momento.

http://pontevedraviva.com/xeral/6797/pontevedra-persoa-ferida-aparatoso-accidente-ap-9-barro/

Deixar un comentario