Carmen Iglesias, nova presidenta da comunidade de montes da Portela

diario_pontevedra.750

Os comuneros da Portela, en Barro, reuníronse o pasado domingo para celebrar unha asemblea extraordinaria,portela solicitada polo 20% deles na que realizaron a votación para a destitución da actual xunta reitora.

Os 82 asistentes á convocatoriam entre os que se encontraba o xa expresidente, Luis Pintos, procederon a votar a posible renovación da actual xunta reitora. O resultado final determinou 74 votos a favor e dous nulos.Asimismo, tamén foi aprobado por 74 votos a favor e un en contra a retirada de poderes á actual Xunta Rectora así como ao letrado contratado por esta.

Ao finalizar a votación, os comuneros procederon a elixir unha xestora de carácter provisional ata que non se convoquen eleccións formalmente.

A elixida para o cargo foi María del Carmen Iglesias. Na propia asemblea solicitou ao que era presidente, Luis Pintos, as chaves dos locais da comunidade de montes. O expresidente negouse a efectuar a entrega, polo que a actual xestora adoptará as medidas pertinentes.

Por outra parte, varios veciños alertaron o pasado domingo, día en que se celebrou a asemblea, que varios membros da anterior xunta reitora se encontraban nos locais da comunidade de montes cargando e retirando un contido non especificado no maleteiro dun vehículo que saíu do lugar a gran velocidade.

No devandito momento requiriuse a presenza da Garda Civil de Caldas de Reis, ao non ter esas persoas a lexitimidade necesaria para acceder aos locais.

Por outra parte, a xestora non descarta emprender accións judicales ante o devandito caso.

Os comuneros manifestaron que a xunta reitora anterior fixo caso omiso á celebración da devandita reunión, malia ter un prazo de dous meses para efectuala.

Deixar un comentario